Omán: humildade coma forma de vida

A miña viaxe ós Emiratos Árabes Unidos foi un desastre. Despois de ter viaxado a máis de 50 países, xamáis penséi que non querría voltar a un deles. En Dubai e Abu Dhabi todo é diñeiro, todo é capitalizado. Marcas caras por doquier, edificios xigantes para deixar claro ao mundo que teñen cartos…todo iso engadindo a horrible calor de xullo fixo da miña escala de dous días todo un sufrimento. O meu paso polo Golfo Pérsico tan só era unha das paradas que estaba a facer na miña viaxe de Vigo a Singapur e xa me parecía repulsivo. Afortunadamente, decidín comprar uns billetes de avión ao país vecino, Omán, seguindo o seu reducido precio e co obxectivo de comparar aos dous países do Golfo. O que experimentei en menos de 48h no sultanato fíxome replantearme a miña opinión sobre os países da zona.

Neste mundo penso que existe unha dicotomía entre os feitos e a forma na que cada persoa ou sociedade interprétaos. Omán e os Emiratos Árabes Unidos é un exemplo perfecto de isto. Ambolos dous países son ricos a máis non poder: o diñeiro do petróleo enche as arcas do estado e permite ás súas sociedades (especialmente ós seus cidadáns orixinarios) gozar dunha estabilidade económica sen igual. Este é o feito, no entanto, cada un ten unha forma moi diferenciada de expresar esta riqueza. Como contaba no párrafo anterior, nos Emiratos encántalles “fardar” dos seus cartos; semella como si houbese unha competición por ver quen é máis rico. Nas rúas de Dubái, todo hule a diñeiro: os Ferraris, os rascaceos, as praias privadas, os hoteis de luxo, as grandes autopistas, a presenza de empresas internacionais…Non obstante, en Omán elixiron unha vía radicalmente diferente de expresar a súa riqueza.

Tal como aterrei no aeroporto de Mascate, o primeiro do que me decatei foi do poco axetreo que tiña a terminal. A infrastructura era nova, casi recén construida, cunha fermosa decoración e un estilo intuitivo que deixaba claro que a súa construcción non foi precisamente barata. No entanto, a baixa presenza de turistas e a calma do personal de aduanas fíxome unha breve introducción á que sería a miña visita ó país árabe. Ninguén semellaba apresurado, todo era calma en Mascate. Tras acadar uns “rials omanis” e coller o bus equivocado, acabei na parte errónea da capital. Sorprendeume a baixa cantidade de rascaceos e proxectos de infraestructura masiva na cidade. As rúas estaban perfectamente coidadas, os buses funcionaban á perfección, había de todo…pero tan só o necesario. Mentres nos EAU hai unha paranoia colectiva por construir o máximo posible en todas partes e gastar os cartos coma se fose a fin do mundo nunha semana, en Omán semellaba que non querían que se soubese da súa riqueza.

Como non quería gastar máis diñeiro do que tiña previsto, toméi a decisión de andar hasta o meu hotel, que se encontraba na outra punta da cidade,a dous horas e media a pé. Mala idea. Pronto os 40ºC do mediodía comezaron a derretir a miña cabeza. Mentres camiñaba por medio dunha autopista mareado, sudado e a punto do colapso, un taxista parouse diante de min. “Onde vas?”, preguntoume. Eu díxenlle que estaba ben, pero él insistiu e avisoume de que podía darme una insolación se continuaba caminando con esta calor. Finalmente aceptéi subirme no taxi, esperando arrear unha gran cantidade de diñeiro que mandaba o meu presuposto ó lixo. Para a miña sorpresa, tras acabar o traxecto, o taxista negouse a aceptar os meus cartos. “O fixen para axudarte, non quero que un turista teña unha mala experiencia no meu país!”, confesou o amable condutor.

Trala miña experiencia co taxista e tras pasearme polas silenciosas rúas de Mascate o día seguinte atopei unha interpretación á dicotomía entre os Emiratos e Omán. Mentres que a sociedade emiratí xira en torno ao diñeiro, a sociedade omaní valora máis outros aspectos da vida como as relacións interpersonais, a calma e o respeto polo medio no que se atopan. Malia que estas cualidades da vida omaní tan só se poden acadar co diñeiro, é especialmente curioso que decidan non “botar por fóra” e empregar o xusto para facer unha sociedade agradable e un país belo, no que o respeto é a palabra chave.

Grazas por leer!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *