Skip to content

Unha gran loita para un país pequeno

O libro “Petit Pays” de Gaël Faye foi a miña primeira introducción (en condicións) a Ruanda hai dous anos, cando o tiven que ler para a miña clase de Historia Contemporánea Africana. Aínda que o libro fala do xenocidio dende a perspectiva burundesa, é imposible separalo do seu veciño do norte, que sufriu a maior parte das masacres. No momento que relata Gaël Faye, Ruanda era un dos países máis pobres en África, aínda máis pobre que Burundi, que arestora atópase no derradeiro lugar do ranking de pobreza mundial.

Entón, ao redor de 800,000 persoas foran asasinadas, e 30 anos despois, o Internet está cheo de referencias que chaman a Ruanda a “Singapur de África”. Canso de este nova moda, decidín eu mesmo viaxar a Ruanda e comprobalo pola miña conta.

O Convention Center visto dende o Parlamento.

Eu rexeitaba crer que un país que experimentou o lado máis horrible da experiencia humana poida recuperarse tan rápido, deixando os horrores do pasado ao lado para constuir unha nova e mellorada sociedade tres décadas máis tarde; e tiña razón.

Se queres saber máis sobre o Xenocidio, fai a túa búsqueda. Hai moi bos documentales que poden axudarte a entender o que pasou en 1994. Se es moi preguizoso, deixa que che faga un resumo. En Ruanda hai dous grupos étnicos principales: tutsis e hutus. Os hutus conforman a meirande parte da poboación. A pesar de compartir os mesmos trazos culturais, a convivencia dos dous grupos non fora boa dende os tempos coloniais. En 1994, mentres medraban as tensións, o avión do Presidente (hutu) accidentouse e os Hutus máis radicais botáronlle a culpa aos Tutsis. Durante os seguintes tres meses, o exército hutu e civís radicais levaron a cabo o asesinato, violación, tortura e humillación de aproximadamente 800,000 tutsis, resultando casi no exterminio total do grupo étnico.

Os sucesos do xenocidio foron tan brutais que o meu peito contráese de só pensar en eles. As masacres remataron cando Paul Kagame, actual presidente, liderando o FPR, acadou a liberación completa do país. Despois da catástrofe, Ruanda tiña moito traballo por facer. Non só tiñan que reconstruir o país, senón tambén a súa sociedade. Sorprendentemente para a comunidade internacional, Ruanda experimentou unha transformación masiva grazas ás axudas para o desenvolvemento dos países europeos que sentían magoa da situación do país. A nación fixo as inversións axeitadas e levantouse das súas cinzas, convertíndose nun aliado fiable para Europa e EEUU e desenvolvendo o seu territorio coma ningún outro país en África.

Hoxe en día Ruanda é un país limpo, onde calquera pode camiñar pola rúa á noite sen temer pola súa seguridade. A pesar de que aínda sexa relativamente pobre (per capita) comparado coa media mundial, o progreso do país comparado dende 1994 fala por sí mesmo. Abraioume a efectividade do seu sistema aduanero, a súas longas e pristinas autopistas, as modernas inversións en Kimihurura, as súas regulacións sostibles como a lei que obriga a todas as motos ser 100% eléctricas e moito máis. Mais por algún motivo, non podía negar que había algo que ía mal, algo extrano sobre Ruanda. Un sentimento tán decrépito que molestábame continuamente e non me deixaba dormir polas noites. Sentía como se todo o país fora una obra teatral, un escenario para disfrazar a desagradable realidade da horrible historia recente do país. Sentía como se todo o mundo en Ruanda intentase loitar contra o peso da historia enterrándola baixo toneladas de cemento e edificios modernos.

Falar de etnia n Ruanda é un tabú. Ninguén, agás os guías dos museos de Kigali fala dos “hutu e tutsi”. Estas palabras erradicáronse do vocabulario diario dos ruandeses, porque ahora son só iso, ruandeses. O goberno fixo un gran esforzo por eliminar calquer tipo de distinción étnica co obxectivo de empurrar o país adiante. Esquecéndose do que foran, ou o que son, o goberno cre que of ruandeses pasarán páxina, esqueceranse e sanarán. Falso.

Xulgado polas miñas interaccións en Ruanda e as miñas observacións, está claro que a etnia segue a importar. Os groups de amigos case nunca se mesturan entre etnias, e o mesmo para os matrimonios. As interaccións entre algúns deles incluso semellan incómodas. En certo punto non sabía se estaba paranoico, pero despois de investigar un pouco, puiden corroborar o meu punto. Por máis que o goberno intenta disfrazalo, a etnia seguirá a importar, porque a historia é pesada, e as persoas non esquecen tan fácilmente. Unha nai non se esquece de quén matou ó seu bebé. Poder intentar enterrala (a historia), pero seguirá viva debaixo do relativo progreso do país.

O memorial dos soldados belgas que morreran nos primeiros días do xenocidio.

Un país que aínda ten tabús é un país que aínda non curou. A pesar de non funcionar coa división étnica, Ruanda intenta loitar contra outros tabús como o propio xenocidio. O Genocide Memorial é un espectacular museo que non só fala do xenocidio de Ruanda senón tamén de outros xenodios do século XX. Cando fun ó memorial, atopeime con un gran grupo de rapaces de instituto, que tamén estaban a visitar o lugar coa súa escola. Non sei ti, pero cando a miña escola levábanos fóra para visitar un museo, intentar manternos caladiños durante a visita era misión imposible. Os nenos son nenos, e sempre levarán o caos con eles onde queira que vaian.

Máis esta vez era diferente. Nas exposicións, ninguén berraba e tampouco podíase escoitar ningunha voz forte. Os centos de rapaces lían a información das exposicións tomando apuntes con absoluto respeto. En ningún momento xogaron a ningún xogo nin fixeron una gamberrada. Tan só absoluto silencio é atención ás explicacións. Este e un claro exemplo de cómo os ruandeses, dende cativos, son conscientes da súa historia; e aprenden a respetala. Para eles, constitúe unha parte importante da súa identidade ata o punto que é respectada como algo superior a calqueira outra cousa. Algo semellante á Segunda Guerra Mundial/Holocausto en Europa non podería acontecer a día de hoxe.

Umuganda!

Outra forma que os ruandeses teñen de lembrar o xenocidio é o “Umuganda”. É un tipo de servicio comunitario obrigatorio durante a mañá do derradeiro sábado de cada mes, co obxectivo de que a poboación lembre o xenocidio e traballen xuntos para erguer o país. Durante ese tempo, os ruandeses están obrigados a deixar todo o que estén a facer e unirse a pequenos proxectos grupais como a limpeza dunha rúa, cortar herba ou construir un muro.

Tiven a sorte de estar en Ruanda durante o Umuganda, así que saín do hotel cedo na mañán do sábado para velo cos meus ollos. As rúas estaban en absoluto silencio; non se escoitaba ningún coche coa excepción de algún con matrícula ugandesa e os coches da policía controlando que todo o mundo estivera cumprindo coas súas obriga de lembrar o xenocidio. Disque a xente fai frente aos traumas e os lembra na súa maneira. Na Ruanda de Kagame, o Umuganda ten que ser a forma na que a xente lémbrase do xenocidio, e aqueles que non o fan afrontan unha multa. Despois de camiñar media hora sen ver a ningúen, comencei a escoitar uns cánticos na distancia: bingo. A medida que me achegaba ó área vía a un grupo de xente bailar e cantar mentres cortaban céspede dun descampado e barrían o solo dunha rúa recén feita.

Cando cheguéi ó lugar onde todo estaba a acontecer, moitos xiraron a súa cabeza para verme (o que era sinxelo xa que era o único estranxeiro branco) pero continuaron traballando e cantando sen molestarse. Cando saquéi o meu móbil para grabar o momento, unha muller achegouse e comezou a falarme en Kinyarwanda. Ao principio non a entendía, pero achei o que quería que fixese cando deume a súa vasoira e repetiu, esta vez en inglés, “clean, clean!”.

De reprente, atopeime sendo o centro de atención. Comencei a limpar a rúa, imitando o que facía o resto sen saber se o estaba a facer bien. De pronto, escoitei a un grupo de homes no descampado gritar “muzungu, muzungu!” (que significa “branquito” en Swahili, pero tamén emprégase en Kinyaruanda), mentres sinalábanme e ríanse. Non sabía cómo sentirme: ledo? avergoñado? perdido? Os líderes do grupo comezaron a grabarme cun sorriso ben grande na súa cara. “Polo menos van ter un contido gracioso para o seu Instagram”, pensei.

De pronto, un home no descampado comenzou a berrarme. No obstante, non era coma os outros. Semellaba enfadado conmigo — non puiden entender o que estaba a dicir, pero estaba a mover agresivamente o seu machete mentres dicía “muzungu” cada catro palabras. Definitivamente non estaba contento de verme e o seu enfado continuaba a medrar mentres intentaba facer o meu. Entón, lembreime de cómo foran unha gran parte dos asesinatos durante o xenocidio: con machetes, matando á xente a sangre fría. Isto, evidentemente, non ía a pasarme a mín, pero ao lembrar este feito asusteime, dinlle a vasoira de volta á muller e saín pitando do sitio.

O resto dos meus días en Ruanda paseinos coñecendo a amigos de amigos, intentando entender a súa visión do mundo e da xeopolítica rexional. Visitei ONGs, igrexas e aínda tiven a sorte de probar o ugali (semellante ou fufu) por primera vez, que gustoume moito. Cada museo, barrio e persoa que coñecín en Kigali abriu os meus ollos aínda máis, e fíxome entender mellor o país.

A vista de Biryogo.

De todos modos, non foi ata o derradeiro día que conseguín ordenar as miñas reflexións sobre o país. E tiven que pasar por un trauma para acadalo.

Cando saía da fundación do meu amigo en un mototaxi (a forma máis económica de moverse pola cidade) cheguei a un gran atasco. O meu condutor fixo eslalon entre os coches para superalo, e cando chegou ó final do atasco, puidemos ver o que o estaba ocasionando. Un camión acababa de partir en dous a un home da miña idade que ía na súa moto. A vítima lecía no chan, o seu corpo estaba separado en dúas mitades, cos seus intestinos e órganos visiblemente saíndo de el, e completamente inmerso nun charco do seu sangue. O home seguía sorprendentemente vivo, movendo os seus brazos e parpadeando lentamente.

Había ao redor de 30 persoas rodeando á vítima…pero ninguén estaba a facer nada. Non o mirei máis de 3 segundos e xa estaba a marearme, coa ansiedade chegando a extremos. Trinta persoas estaban a miralo morrer. Non movían os seus ollos de el, pero tampouco facían nada por confortalo. Ninguén achegouse para tomar a súa man e dicirlle que ía estar ben…

…porque non o ía estar. Ía morrer. A falta de reacción e impasibilidade dos curiosos espectadores fíxome darme conta de que Ruanda xamáis curouse. Trinta anos non foran de abondo para borrar a violencia e a morte das mentes das persoas. Violencia, sangue…todo sigue normalizado na memoria colectiva. O meu condutor, despois de botarlle unha ollada dende a distancia ao home moribundo, foise do sitio coma se nada acontecera

Ruanda non curou, máis non significa que non poida. Aprender da historia toma o seu tempo, e dicir que Ruanda pasou páxina é un erro. Ruanda non é a “Singapur de África”, porque un país que non sufriu un xenocidio non pode compararse a outro que sí o sufriu.

Grazas, Ruanda, por facer que aprenda máis sobre a nosa humanidade a súa historia que en 5 anos de educación superior.

Grazas especialmente a Jordan, por axudarme a organizar a viaxe!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *